Ao longo da súa existencia e ata a actualidade, ABAC centrou o seu labor en tres obxectivos fundamentais que son:
- Loitar contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA) e dar apoio ás familias.
- Detectar precozmente a aparición dos TCA.
- Axudar a previr os TCA.
Os valores que sustentan a nosa misión son:
- Honestidade
- Transparencia
- Compromiso
Visión
ABAC ofrece un tratamento multidisciplinar integral de calidade contrastada para persoas con trastornos da conduta alimentaria e promove os seus dereitos investigando, difundindo coñecementos, innovando sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades na promoción dunha cultura do fomento de hábitos de vida saudables e prevención dos tca que garanta o benestar e desenvolvemento integral de todos os seus membros.