CHARLAS IMPARTIDAS POLO EQUIPO TERAPÉUTICO DE ABAC
CHARLAS DE PREVENCIÓN DIRIXIDAS A ADULTOS
1. Que comen os nosos fillos? O fomento dunha correcta alimentación.
Destinatarios: AMPAS e responsables de comedores escolares.
2. Prevención dos trastornos da conduta alimentaria no ámbito escolar.
Destinatarios: AMPAS, pais e persoal docente.
3. Prevención da obesidade infantil.
Destinatarios: AMPAS, docentes de centros educativos de primaria e secundaria e poboación en xeral.
4. Claves para o diagnóstico precoz TCA
Destinatarios: Persoal sanitario de centros de atención primaria.
5. Hábitos saudables deporte e hixiene
Destinatarios: poboación en xeral.
6. Hábitos saudables e alimentación
Destinatarios: poboación en xeral.
CHARLAS DE PREVENCIÓN DIRIXIDAS A NENOS E ADOLESCENTES
1. Alimentación, saúde e benestar.
Destinatarios: Alumnado de 2º da ESO en adiante.
2. Prevención dos trastornos da conduta alimentaria no ámbito escolar.
Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO en adiante
OBRADOIROS DE NUTRICIÓN
Poden adaptarse a todos os sectores de poboación: estudantes, pais, profesorado, poboación en xeral...
1. Necesidades nutricionais e alimentación na idade escolar.
Coñecer os requirimentos específicos nesta idade para adecuar a súa alimentación
2. Que esconden as etiquetas nutricionais?
Aprender a interpretar as etiquetas para poder realizar eleccións conscientes
e máis saudables.
3. Aclarando mitos alimentarios.
Desmitificaremos moitas crenzas erróneas da sociedade en relación á alimentación.
4. Planificación dun menú semanal.
Como elaborar un menú equilibrado e adaptado de maneira sinxela e en diferentes ámbitos.
5. Como facer unha compra saudable.
Somos o que comemos e comemos o que compramos.
6. Hixiene alimentaria.
Aprender como manipular de forma adecuada os alimentos dentro e fóra da cociña.
7. Alimentación, saúde e benestar
Coñecer as bases dunha alimentación e uns hábitos saudables para aplicalos no día a día
TALLERES
- TALLER DE AUTOESTIMA E AUTOCONCEPTO: É importante que os adolescentes reflexionen sobre o autoconcepto e autovaloración, que coñezan as súas necesidades e expectativas, valoren as súas propias calidades e logros.
- TALLER DE IMAXE CORPORAL: a través deste taller proporcionarase un modelo estético corporal máis axeitado fronte ao culto á delgadeza, aprenderase a aceptar as diferenzas corporais e xerarase un espírito crítico fronte á publicidade, moda e os medios de comunicación. O fin principal do taller é fomentar a aceptación da propia imaxe corporal.
- TALLER DE EXPRESIÓN E XESTIÓN DE EMOCIÓNS: explorarase en que consisten as emocións, aprenderase a diferenciar entre pensamentos, emocións, sensacións corporais, comportamentos e, por último, se compartirán as estratexias que utilizan cando se senten mal.
- TALLER DE CARICIAS: neste taller abordamos a importancia de dar e recibir eloxios realistas, aprender a aceptar eloxios dos demais e potenciar as habilidades de expresión emocional.
- TALLER DE ASERTIVIDAD: para unha boa comunicación é necesario aprender a usar formas correctas de comunicación para resolver os conflitos de xeito adecuado a través da escoita activa e a empatía.