Que son os TCA?

Que son os TCA?

Os trastornos da conduta alimentaria son enfermidades mentais con graves repercusións para a saúde, cuxo prognóstico mellora na medida que se detectan e se tratan precozmente. Teñen un tratamento longo e complicado e levan consigo un gran sufrimento persoal e familiar.

ANOREXIA

ANOREXIA

Caracterízase porque a persoa que o padece quere estar nun peso moi inferior ao saudable, preocupación constante pola comida e o peso que leva á obsesión, sentimento de culpa polo feito de comer, perda de peso inxustificada ou detección deste, medo esaxerado a estar obeso/a, percepción errónea de que se está gordo/a, constante insatisfacción persoal, estado depresivo e irritable con tendencia ao illamento, aumento das horas de estudo e dificultade de concentración.

BULIMIA

BULIMIA

Caracterízase por unha inxestión desmesurada e unha falta de autocontrol, produce unha sensación de distensión-inchazo no estómago, malestar físico e, paralelamente a este malestar, preséntanse sentimentos de culpabilidade e vergoña, deterioración do estado de ánimo, diminución da autoestima, etc. o cal leva consigo a necesidade de intentan compensar o comportamento descontrolado a través de vómitos, xaxún, exceso de actividade física, laxantes.

TRASTORNO POR ENCHENTA

TRASTORNO POR ENCHENTA

Caracterízase pola inxestión descontrolada de grandes cantidades de comida e como consecuencia pode aparecer o sobrepeso ou obesidade. As persoas que a sofren mostran unha preocupación constante pola comida, peso e lévaos en múltiples ocasións á práctica continuada de axudas restritivas que nunca conseguen ter éxito. Este descontrol na comida maniféstase comendo moi rápido ata sentirse desagradablemente cheo ou ben comendo grandes cantidades de alimentos a pesar de non ter fame.

OUTROS

OUTROS

Moitos dos síntomas son compartidos polos diferentes TCA polo que ás veces é difícil clasificalos dentro dun grupo concreto.

Síntomas cognitivos

Síntomas cognitivos

Os síntomas cognitivos que suelen mostrar as persoas con trastornos da conduta alimentaria son:

  • Negatividade cara ao seu corpo
  • Distorsión da súa imaxe corporal
  • Alteración das sensacións de fame e saciedade
  • Preocupación obsesiva polo corpo, a comida (planificación, contar calorías)
  • Perfeccionismo
  • Pensamentos radicalizados, dicotómicos (branco-negro)
  • Negación total ou parcial da enfermidade
  • Dificultades de concentración e aprendizaxe
  • Necesidade excesiva de autocontrol
  • Rixidez

Pero esto non quere dicir que sexan exclusivos dun trastorno da conduta alimentaria. Deben existir outro tipo de criterios para diagnosticar un TCA. Se tes dúbidas, o mellor é que contactes con nós e te axudemos. 

Síntomas emocionais

Síntomas emocionais

Os síntomas emocionais que adoitan mostrar as persoas con trastornos da conduta alimentaria son:

  • Susceptibilidade, irritabilidade e mal humor
  • Tristura, desánimo e choro frecuente
  • Perda de intereses habituais
  • Depresión
  • Desexos de morrer, ideación suicida
  • Baixa autoestima
  • Sentimentos de inadecuación, baleiro e soidade
  • Medo intenso a engordar
  • Ansiedade con todo o relacionado coa alimentación
  • Dificultade para identificar, recoñecer e expresar sentimentos
  • Culpabilidade, vergoña...

Pero isto non quere dicir que sexan exclusivos dun trastorno da conduta alimentaria. Deben existir outro tipo de criterios para diagnosticar un TCA. Se tes dúbidas, o mellor é que contactes con nós e te axudemos.

Síntomas físicos

Síntomas físicos

Los síntomas físicos que suelen mostrar las personas con trastornos de la conducta alimentaria son:

  • Pérdida de peso/desnutrición
  • Amenorrea
  • Alteraciones de la piel, las uñas, el cabello
  • Hipotermia
  • Aumento del vello corporal
  • Insomnio o trastornos del sueño
  • Trastornos gastrointestinales (estreñimiento, dolor, hinchazón)
  • Anemia, colesterol
  • Descenso del nivel inmunológico
  • Hinchazón de la cara
  • Problemas dentales y gingivales
  • Inflamación, úlceras o desgarros en la garganta, esófago…
  • Fatiga, debilidad muscular
  • Arritmias, bradicardia y fallo cardíaco

Pero esto no quiere decir que sean exclusivos de un trastorno de la conducta alimentaria. Tienen que existir otro tipo de criterios para disgnosticar un TCA. Si tienes dudas, lo mejor es que contactes con nosotros y te ayudemos.

Síntomas conductuais

Síntomas conductuais

Os síntomas conductuais que suelen mostrar as personas con trastornos da conduta alimentaria son:

  • Restrición voluntaria e progresiva de alimentos (variedade e cantidade
  • Comportamentos estraños (torar, esconder, escorrer...)
  • Incremento da actividade e exercicio físico
  • Incremento das horas de estudo
  • Pesarse e medirse compulsivamente
  • Illamento social
  • Mentiras, roubos
  • Abuso de substancias

Pero esto non quere dicir que sexan exclusivos de un trastorno da conduta alimentaria. Deben existir outro tipo de criterios para diagnosticar un TCA. Se tes dúbidas, o mellor é que contactes con nós e te axudemos.

Algúns indicios...

Algúns indicios...

  • Perda de peso progresiva ou brusca.
  • Non recoñece en ningún momento que queira perder peso de xeito consciente e normalmente. verbaliza unha busca de saúde.
  • Xustificacións e coartadas para evitar as comidas.
  • Respostas agresivas cara aos comentarios sobre o seu xeito de comer.
  • Aumenta o consumo de tabaco, bebidas light, caramelos sen azucre e outros produtos para controlar a fame.
  • Empézase a interesar en exceso polos temas de nutrición, receitas e temas de cociña.
  • Empezan a facer moito exercicio físico en solitario.
  • Frecuentes e longas visitas ao WC despois de comer.
  • Aumento no consumo de auga.
  • Aumento da fatiga ou aparición de mareos ou cambras.
  • Presenza de boqueiras continuadas, diarreas e/ou ganas de mexar frecuentes.
  • Calosidades nos nudillos ("signo de Russel").
  • Dificultades de concentración e diminución do rendemento académico.
  • Illamento, aproveitando os momentos de soidade para fomentar as condutas patolóxicas.
  • Outras alteracións impulsivas: condutas autolesivas, abuso de substancias e/ou promiscuidade.
Materiais relacionados

Materiais relacionados

Vídeo: Qué e a vigorexia
Vídeo: Que son a anorexia e a bulimia nerviosa