En ABAC creemos que a situación das persoas con TCA necesita da achega de todos para reducir as graves discriminacións que aínda se están a producir na sociedade actual.
Valoramos o compromiso social, propiciando a corresponsabilidade social, o traballo en rede e a participación activa no coñecemento e defensa da igualdade, a non discriminación e a loita contra os TCA,
O noso obxectivo xeral é consolidar a presenza estable e duradeira das persoas voluntarias na Asociación de Bulimia e Anorexia Da coruña, para apoiar o cumprimento da súa misión.
Para unha maior información sobre o noso Plan de Voluntariado podes descargar os seguntes documentos:
- Plan de voluntariado (456.2 Kb)
- Catálogo de proxectos (416.7 Kb)
Se queres ser voluntario de ABAC envíanos un correo co teu nome e apelidos, a tua data de nacemento (precisamoe este dato para confirmar que tes capacidade para facerte voluntario/a) así coma unha dirección de correo para poñernos en contacto contigo e tamén que nos contes a tua motivación para ser voluntario con nos así coma a tua experiencia previa como voluntario se e que xa o fuches en algunha ocasión.