Faite socio/a

Faite socio/a

Podes facerte socio ou colaborador de ABAC para que teñamos unha maior visibilidade e para que poidamos seguir levando a cabo a misión que nos propuxemos alá polo ano 1996 que foi cando empezamos a nosa andaina. A cuota actual é de 90€

Grazas á túa colaboración, as persoas con menos recursos económicos poderán acceder aos nosos tratamentos pois financiamos o 41% do seu custo total.

O 1 de xaneiro de 2015 entrou en vigor a modificación da lei 49/2002 de Incentivos Fiscais ao Mecenado que fai referencia os beneficios fiscais cos que conta unha persoa ou empresa que colabora cunha entidade sen ánimo de lucro.

En termos xerais, a modificación concrétase nun lixeiro aumento da desgravación, algo do que nos alegramos en ABAC porque beneficia aos nosos socios, colaboradores e doantes.

DEDUCIÓN FISCAL POR DOAZÓNS

DEDUCIÓN FISCAL POR DOAZÓNS

Os primeiros 150€ doados por unha persoa física a ABAC teñen unha dedución fiscal do 80%. Se a cantidade doada é maior, a parte restante terá unha dedución fiscal do 35%.

Neste sentido, a dedución fiscal da cantidade restante será do 40% para aquelas persoas que doasen un importe igual ou superior nos dous derradeiros exercicios. Ademais, o límite da dedución sobre a base liquidable mantéñese no 10%. 

Isto quere dicir que:

"Unha familia que doou 150€ a ABAC puido desgravar ata 120€ (o 80%)."

"Se esa mesma familia doase 300€ podería chegar a desgravar 172,5€ (o 80% dos primeiros 150€ e o 35% dos 150€ restantes)."

"Con relación ó anterior caso, se a familia doase un importe igual ou superior nos dous derradeiros exercicios podería desgravar 180€ (o 80% dos primeiros 150€ e o 40% dos 150€ restantes)."

A dedución fiscal para as persoas xurídicas é do 35%, pero se doaron a unha mesma entidade un importe igual ou superior nos dous derradeiros exercicios, a porcentaxe aumenta ao 40%.

Como pode observarse, a Lei premia a fidelidade a unha entidade en concreto e as microdoazóns.

En todo o proceso de asociación garantimos a túa seguridade. Ademais, recibirás información das actividades que levemos a cabo se así no lo solicitas.