ABAC forma parte das ONG que colaboran con Bizum para facer doazóns dende o móbil. Bizum permite que organizacións como a nosa poidan facer pagos mediante varios bancos, ademais dos pagos entre usuarios individuais. Deste xeito, engadimos esta posibilidade a aqueles que desexen facernos donativos.
COMO FACER UNHA DOAZÓN CON BIZUM Só tes que realizar os seguintes pasos, é moi sinxelo:
Abre Bizum ou a aplicación equivalente do teu banco, por exemplo, en A Banca chámase ABANCA Pay e selecciona a opción de 'Facer Doazón', 'Doar, 'Enviar diñeiro a ONG' ou similar.
Introduza os 5 díxitos da ONG, no caso de ABAC o código é 01903.
Introduza a cantidade que desexa doar e o diñeiro chegará ao instante ás contas de ABAC.
AS VANTAXES DE DOAR CON BIZUM Para os que facemos doazóns, contar cun sistema sinxelo e rápido é moi positivo, xa que con Bizum podes facer todo o proceso dende o teu móbil sen ter que pasar por páxinas bancarias nin pasarelas de pago con tarxeta. Pola nosa banda, poder recibir doazóns en tempo real é unha vantaxe moi importante xa que podemos atender máis rapidamente aos usuarios que precisen da nosa axuda.
CERTIFICACIÓN FISCAL Para solicitar a túa certificación fiscal despois de facer unha doazón con Bizum, debes poñerte en contacto connosco e facilitarnos a seguinte información: Nome e apelidos ID enderezo de correo Correo electrónico cantidade doada Data de doazón Agradecemos de antemán a súa colaboración.