Outras actividades terapéuticas

Outras actividades terapéuticas

Talleres de educación social

A educación social é unha disciplina pedagóxica que posibilita diversas liñas de intervención dentro do ámbito da saúde mental facilitando neste contexto, un espazo de encontro, lúdico, distendido e de confianza onde poder fomentar e mellorar a interacción grupal e reforzar a autonomía e autoestima das/os pacientes, potenciando así as súas capacidades e habilidades.

O principal obxectivo deste taller é acompañar e escoitar ao paciente, desenvolvendo diversas propostas e actividades cuxo fin sexa educar e sensibilizar en termos de diversidade, empatía e autoestima.

Talleres de actividade física

A metodoloxía e os obxectivos desta actividade establécense dentro do potencial que presenta a educación física para as persoas. Por tanto, a base deste taller é facer uso do exercicio físico para axudar a alcanzar unha melloría nas persoas. Programa de recuperación física funcional

 

Actividades e talleres temporais

Dispoñemos dunha serie de actividades e talleres temporais que se realizan en función da dispoñibilidade do noso equipo profesional: ludoterapia, taller de habilidades sociais, taller de expresión corporal, ioga, grupos psicoeducativos con pacientes, grupos de autoaxuda para familias, orientación sociolaboral, técnicas de estudo e talleres de idiomas.

Ludoterapia

Permite desenvolver destrezas cognitivo-perceptivas, emocionais e sociais, proporciona un espazo de diversión e goce, traballando desde o pracer posibilítase a expresión de necesidades e sentimentos de forma satisfactoria.

Taller habilidades sociais

O obxectivo desta actividade é contribuír á reinserción social mediante o adestramento de habilidades que permitan aos pacientes relacionarse dunha maneira máis adaptativa.

Preténdese lograr que establezan e manteñan relacións interpersoais gratificantes e, ao mesmo tempo, potenciar os recursos persoais facilitadores do cambio.

Taller expresión corporal

A través deste taller preténdese o desenvolvemento persoal e a procura do benestar psico-corporal cun mesmo, a manifestación e exteriorización dos sentimentos, sensacións, ideas, etc. e comunicar sentimentos, sensacións e ideas a través do corpo.

Grupos psicoeducativos con pacientes

A terapia de grupo busca abordar e compartir necesidades comúns, aprendendo uns doutros a resolver problemas coa menor intervención posible dos profesionais, que actuarán como meros coordinadores das sesións.

No caso dos TCA, o beneficio fundamental deste formato é a identificación que se dá entre os participantes, que facilita unha maior conciencia da enfermidade, así como unha mellor comprensión de como esta influíu nas súas vidas, deteriorando parcelas que "a priori" nada terían que ver coa alimentación como os estudos, as relacións de parella, de amizade, familiares, a súa autoestima etc.

Grupos de autoaxuda para familias

En ABAC pensamos que este espazo permite reducir os sentimentos de soidade e illamento da familia.

Créase para axudar aos diferentes membros da familia para compartir a súa experiencia con outras persoas que viven unha situación similar.

Orientación Sociolaboral e Técnicas de Estudo

O obxectivo deste programa é que os pacientes aprendan técnicas de estudo, co fin de favorecer a súa autonomía, tanto no ámbito escolar como na súa posible aplicación no espazo laboral.

Talleres de idiomas

Realizamos talleres nos que se imparten linguas estranxeiras para potenciar o uso de novos idiomas, mellorando a comprensión e comunicación entre as persoas que queren aprender estas linguaxes. Ata o momento, en ABAC levamos a cabo talleres de inglés e portugués.