Comedor terapéutico

Comedor terapéutico

O comedor terapéutico é o eixe do tratamento e é o único en Galicia. Proporciona tres inxestións ao día: media mañá, xantar e merenda. Está sostido con fondos propios e por un Convenio de Colaboración co Concello Da coruña.

Permite que as persoas con TCA, vinculadas a maioría das veces a pouco control da conduta de inxestión e a unha escasa interiorización dos hábitos alimentarios axeitados, modifiquen esas pautas coa axuda das terapeutas.

Ofrécese unha atención continuada ao longo de toda a xornada. É un recurso que ofrece unha intervención intensiva e eficaz, permitindo que o paciente poida manter de xeito máis ou menos parcial as súas rutinas diarias.

O Comedor Terapéutico permite ao paciente ir adquirindo a autonomía necesaria na súa vida diaria e enfrontarse ás posibles situacións persoais conflitivas que poden desencadear unha recaída ofrecéndolle a axuda terapéutica para iso.