Unha alimentación adecuada está relacionada coa nosa calidade de vida. É por isto, que nos parece de vital importancia fomentar un estilo de vida saudable.
Unha alimentación adecuada está relacionada coa nosa calidade de vida. É por isto, que nos parece de vital importancia fomentar un estilo de vida saudable.
O asesoramiento nutricional que ofrecemos, é un tratamento personalizado con seguimento mediante consultas semanales, quincenales e mensuales, que está baseado en:
- O deseño de plans de alimentación adaptados, tendo en conta as necesidades fisiolóxicas ou patolóxicas (diabetes, hipertensión, hipercolesterolemia...), si é o caso, de cada persoa.
- O coñecemento dos hábitos alimentarios de cada persoa co obxectivo de identificar e mellorar aqueles aspectos que repercuten de xeito negativo no noso estado de saúde.
- A Educación Nutricional, como ferramenta clave para a creación e mantemento de hábitos alimentarios saudables para toda a vida.
Para iso, a través do uso de pizarras, fotografías e láminas educativas, danse a coñecer os distintos alimentos, a súa clasificación, como combinalos, os tamaños de ración axeitados, realizar o deseño das inxestas diarias e demais aspectos relacionados coa alimentación, dun modo ameno e didáctico.
Ademáis, queremos aportar coñecementos á sociedade ofrecendo unha serie de charlas de diferente temática relacionados coa nutrición:
- Alimentación, salud e benestar
O obxectivo é coñecer as bases dunha alimentación e uns hábitos saudables para aplicalos no día a día.
- Necesidades nutricionais e alimentación na idade escolar. Coñecer os requerimentos específicos nesta idade para adecuar a súa alimentación
- ¿Qué esconden as etiquetas nutricionais? Aprender a interpretar as etiquetas para poder realizar eleccións conscientes e máis saudables.
- Aclarando mitos alimentarios. Desmitificaremos moitas creenzas erróneas da sociedade en relación á alimentación.
- Planificación dun menú semanal. Cómo elaborar un menú equilibrado e adaptado de manera sinxela e en diferentes ámbitos.
- Cómo facer unha compra saudable. Somos o que comemos e comemos o que mercamos.
- Hixiene alimentaria. Aprender cómo manipular de forma adecuada os alimentos dentro e fora da cociña.
Tamén ofrecemos charlas máis concretas
- Alimentación e principais patoloxías relacionadas coa nutrición
- Alimentación por grupos de idade (embrazadas, terceira idade, etc.)
- Fitoterapia
- ou calquera outro tema suxerido.
As charlas están adaptadas a tódolos tipos de poboación (adultos, nenos, empresas, restauración colectiva, etc.)