ABAC ofrece un tratamento multidisciplinar integral de calidade contrastada para persoas con Trastornos da Conduta Alimentaria e promove os seus dereitos investigando, difundindo coñecementos, innovando sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades na promoción dunha cultura do fomento de hábitos de vida saudables e prevención dos TCA que garanta o benestar e desenvolvemento integral de todos os seus membros.
Comedor terapéutico
O comedor terapéutico é o eixe do tratamento e é o único en Galicia. Proporciona tres inxestións ao día: media mañá, xantar e merenda. Está sostido con fondos propios e por un Convenio de Colaboración co Concello Da coruña. Permite que as persoas con TCA, vinculadas a maioría das veces a pouco control da conduta de inxestión e a unha escasa interiorización dos hábitos alimentarios axeitados…
Prevención
CHARLAS IMPARTIDAS POLO EQUIPO TERAPÉUTICO DE ABAC … CHARLAS DE PREVENCIÓN DIRIXIDAS A ADULTOS … 1. Que comen os nosos fillos? O fomento dunha correcta alimentación. Destinatarios: AMPAS e responsables de comedores escolares. 2. Prevención dos trastornos da conduta alimentaria no ámbito escolar. Destinatarios: AMPAS, pais e persoal docente. 3. Prevención da obesidade infantil. Destinatarios:
Asesoramiento nutricional con soporte psicológico
Unha alimentación adecuada está relacionada coa nosa calidade de vida. É por isto, que nos parece de vital importancia fomentar un estilo de vida saudable.
Outras actividades terapéuticas
Talleres de educación social … A educación social é unha disciplina pedagóxica que posibilita diversas liñas de intervención dentro do ámbito da saúde mental facilitando neste contexto, un espazo de encontro, lúdico, distendido e de confianza onde poder fomentar e mellorar a interacción grupal e reforzar a autonomía e autoestima das/os pacientes, potenciando así as súas capacidades e habilidades.
Área de conocimiento
2018. Convenio de colaboración educativa co alumnado de Grao en Psicoloxía do Centro de Enseñanza Superior "Cardenal Cisneros", adscrito á Universidad Complutense de Madrid. 2018. Colaboración co alumnado de Fisioterapia da Universidade da Coruña, para desenvolver proxectos de aprendizaxe e servizo. Reeducación neuromuscular en persoas con trastornos crónicos alimentarios. Dende 2015 ata…
xa poder facer a tua donación por bizum identificador: 01903
ABAC forma parte das ONG que colaboran con Bizum para facer doazóns dende o móbil. Bizum permite que organizacións como a nosa poidan facer pagos mediante varios bancos, ademais dos pagos entre usuarios individuais. Deste xeito, engadimos esta posibilidade a aqueles que desexen facernos donativos. COMO FACER UNHA DOAZÓN CON BIZUM Só tes que realizar os seguintes pasos, é moi sinxelo: Abre Bizum…